Ribadeo celebra a I Andaina contra o Cancro o vindeiro 17 de maio

Ribadeo acollerá o vindeiro 17 de maio a I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro, un evento deportivo e lúdico organizado pola AECC para sensibilizar á cidadanía sobre a loita contra o cancro e recadar fondos para a investigación oncolóxica. A presentación da andaina tivo lugar na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco e contou coa presenza do alcalde de Ribadeo, Dani Vega, o presidente da AECC provincial, José Manuel Rozas, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destacou a importancia de participar nesta causa solidaria: "Estar aquí para apoiar á AECC de Ribadeo e Lugo é un pracer, e animamos a todas as persoas a sumarse a este evento, que comezará ás 11:00 horas no Parque de San Francisco". A andaina pretende recadar fondos que se destinarán á mellora das condicións de vida das persoas afectadas polo cancro e á investigación para mellorar a taxa de supervivencia.
As inscricións realizaranse entre o 12 e o 16 de maio en horario de 12:00 a 14:00 horas na sede da AECC e tamén o propio día do evento na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco. Quen non poida participar poderá colaborar cun donativo para esta causa tan importante.