Ribadeo, capital do produto de proximidade

AMariñaXa
Coa Festa da Horta remataron os Mercados dos Domingos na vila
-festa-da-horta-ribadeo
13 Oct 2024

Ribadeo foi a capital do produto de proximidade. Coa Festa da Horta remataron os Mercados dos Domingos. O alcalde, Dani Vega, sinalou que no Mercado Social quíxose "concienciar que debemos coidar a nosa contorna, o noso medio ambiente, facelo con prácticas respectándonos uns aos outros, pero tamén respectando evidentemente o entorno e o medio ambiente. Foi unha iniciativa que imos seguir apoiando e perfeccionando para que isto siga avanzado”.

O rexedor subliñou que “o domingo queríamos cerrar e concluír o Mercado dos Domingos, que tamén é unha iniciativa gastronómica, apoiar aos produtores, apoiar á agricultura e entender que debemos todas as administracións dar un apoio,
evidentemente, con iniciativas, pero tamén desde un punto de vista económico. Con axudas para que haxa un relevo xeracional e así garantir un sector importante como é a agricultura, como é a horta, e poñendo en valor os seus produtos, e si o facemos con produtos de proximidade moito mellor. Iso é o Mercado dos Domingos, ao que poñiamos fin esta fin de semana, pero quixemos facer a Festa da Horta, é dicir darlle cabida a todos os produtos de Galicia, nesa carpa que se instalou, nese espazo gastronómico, poñendo en valor todos os produtos de Galicia”.

Vega contou “ti entrabas nesa taberna, nesa carpa convertida en taberna, e podías degustar todos os produtos de Galicia. Que boa iniciativa, qué ben feito que se faga en Ribadeo unha iniciativa gastronómica e poñendo en valor todos os produtos da terra, todos os produtos de Galicia. Apoiáronnos ao sector gandeiro, ao sector agrícola, á horta. E dende logo nós imos seguir apoiando e colaborando coa Xunta, que neste caso é unha iniciativa da Xunta de Galicia, que instalou a carpa gastronómica aquí en Ribadeo. Titúlase Excelencias de Calidade e a nosoutros parécenos unha iniciativa moi boa”.

Para o alcalde “esta foi unha fin de semana na que Ribadeo puxo en valor o produto de proximidade, o produto de calidade e tamén de unha forma sostible e social”. Pola Festa da Horta pasou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez,
que visitou a carpa Experiencias de Calidade, instalada nos arredores da praza de abastos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15098714828491