Ribadeo axuda ás persoas afectadas pola Dana a partir deste luns

AMariñaXa
Veciños e veciñas poderán contribuír no punto de recollida, o Centro Sociocomunitario
foto-ribadeo-dana
3 Nov 2024

Ribadeo recollerá axuda para as persoas damnificadas pola DANA a partir do vindeiro luns, 4 de novembro. Será no Centro Sociocomunitario, segundo ven de informar a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.

A edil ribadense explicou: “Foron moitos os veciños que se puxeron en contacto con nós para ofrecer a súa axuda aos damnificados pola DANA. Desde o primeiro momento este Concello estivo en contacto coa FEMP, Federación Española de Municipios y Provincias de España, e de maneira organizada e coordinada aportaremos as axudas que desde alí nos demandan”.

Sierra subliñou que “se recollerá auga, leite, conservas, alimentos infantís, cueiros, compresas e tampóns. O punto de recollida será o Centro Sociocomunitario, situado ao
lado do Concello, a partir do luns de 1o.o0 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, durante
toda a semana”.

E engadiu: “A recollida farase pola porta lateral situada ao lado do aparcamento de vehículos municipais. De antemán queremos dar as grazas a todos os veciños pola súa colaboración”.

0.15553498268127