Ribadeo asegura que o verquido de puríns non afecta á traída e desaconsella bañarse na ría

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Aug 2019

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, referiuse ao vertido accidental de zurro que se producías nas últimas horas en Vegadeo (Asturias) e que chegou ao río Eo. O rexedor transmítelle tranquilidade á veciñanza xa que os parámetros da auga da traída non se viron alterados polo vertido, que se rexistrou augas abaixo da captación para consumo de Ribadeo, sita en Vilarbetote (Trabada). Como medida de precaución o Concello pide a veciños e visitantes que non se bañen nas praias da ría, é dicir nos Bloques e no Cargadeiro, lugares nos que esta mañá se colocaron carteis informativos para advertir da situación. 

O rexedor dixo que “ante o vertido accidental de zurro ao rego Ouría acontecido no día de onte no veciño concello de Vegadeo e a súa posible afección ao termo municipal de Ribadeo, queremos en primeiro lugar transmitirlle tranquilidade á nosa veciñanza”.

Vizoso explicou que “este vertido chegou a afectar ao río Eo, pero é máis abaixo da captación de auga para consumo humano de Ribadeo en Vilarbetote (Trabada). Por parte do Concello contactouse desde o primeiro momento cos diferentes organismos competentes. Dende a Confederación Hidrográfica do Cantábrico trasladáronnos que están a traballar na contención deste vertido e que xa están a tomar mostras do lugar para avaliar o alcance da contaminación, esperando dispoñer dos primeiros resultados mañá mesmo”.

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, subliñou que “dende a detección deste vertido Viaqua, empresa concesionaria do servizo municipal de augas do Concello de Ribadeo, confirmounos que a captación non se viu afectada nin comprometida en ningún momento e que os parámetros das análises periódicas básicas da auga captada non se viron alterados”.

O rexedor ribadense engadiu que “actualmente non temos confirmación de se esta contaminación chegou á ría de Ribadeo, non obstante, dende o noso Concello solicitóuselle á Consellería de Sanidade a realización dunhas análises das augas de baño das praias de Os Bloques e O Cargadeiro, a maiores das que se realizan de xeito ordinario durante a tempada de baño. Como digo non temos confirmación de si a contaminación afecta á ría, pero por precaución dende o Concello de Ribadeo, mentres non se obteñan os resultados destas análises, recoméndase non bañarse na ría, así como extremar as precaucións en todas aquelas actividades que se desenvolven dentro deste espazo”.

O Concello colocou carteis informativos nas contornas das praias da ría advertindo desta situación. 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15994596481323