Ribadeo aproba a moción da plataforma sanitaria en defensa dun servizo de pediatría

TerraChaXa | AMariñaXa
24 Xan 2019

Integrantes da Plataforma sanitaria da Mariña acudiron ao pleno celebrado no concello de Ribadeo no que se debateu  de urxencia a moción en defensa do servizo de pediatría que este colectivo está a presentar en todos os concellos da comarca.

Segundo comenta Víctor Vila,  portavoz da Plataforma, tras argumentarse a súa urxencia pola gravidade do problema e que fora rexistrada a primeira hora do luns 21 de xaneiro, foi aprobada a mesma por unanimidade. Desde esta plataforma queremos amosar “ os nosos parabéns a todos os grupos políticos da corporación municipal pola súa solidariedade con este grave problema sanitario que afecta a toda a comarca . Agardamos que en todos os concellos da comarcaestas mocións se leven a pleno e rematen en aprobación unánime tamén”.

Unha vez rematado o pleno, a maioría de concelleiras e concelleiros quixeron secundar tamén a campaña que días atrás  propuxo o colectivo sanitario consistente en que as corporacións municipais fixeran unha foto levando a camiseta que a Plataforma Sanitaria sacou á venda co lema “ AQUÍ. AGORA. SEMPRE” acompañado do seu do logotipo . Con este   signifícanse a favor dunha sanidade pública de proximidade, de calidade, universal e gratuita desde o primeiro momento , sempre , e sexa quen sexa o grupo político que goberne.Desde a Plataforma tamén” queremos agradecer a PSOE eremo BNG que se adheriran a esta campaña mercando e accedendo a fotografiarse coas nosas camisetas”- conclúe a coordinadora, Montse Porteiro.

0.18913292884827