Ribadeo amplía o prazo para recoller entradas para o I Encontro Día do Xubilado
Ribadeo acollerá o próximo 28 de setembro o I Encontro Día do Xubilado. O Concello decidiu ampliar prazo para retirar as entradas ata o 20 de setembro. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, recordou que "ainda estás a tempo de recoller as túas entradas para disfrutar dun día entre amigos e veciños". As entradas poden recollerse no auditorio municipal de luns a venres, de 9 a 14 horas.
O encontro ofrecerá unha comida servida por Chao dos Navais, cun prezo de 15 euros por persoa. Ademais, para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes, habilitarase un servizo de autobuses que cubrirá as parroquias do interior e da costa. A xornada contará tamén coa amenización musical de A Roda e Ángel América, garantindo un día de celebración e compañeirismo.