Ribadeo aglomera o viario de numerosas parroquias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
26 sep 2019

O alcalde, Fernando Suárez, subliña que o Concello continúa cos traballos de aglomerado de camiños públicos en parroquias como Rinlo, A Devesa, Vilaselán e Covelas. O rexedor e o concelleiro de Medio Rural supervisaron nas últimas horas esas obras que seguirán por outras parroquias ribadenses ao longo das vindeiras semanas.

Suárez Barcia explicou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos traballando nestes días con estes importantes plans de mellora de camiños públicos municipais, tanto nas parroquias da costa como nas do interior, singularmente con estas dúas empresas adxudicatarias que están levando a cabo estes importantes traballos, por unha banda Isidro Otero e pola outra Construcións Coto”.

O alcalde dixo que “nestes días estamos traballando en Rinlo, na Devesa, en Vilaselán en tamén en Covelas. Pero iremos por todas as parroquias polas que non fomos xa, iremos por todas as que restan durante todas estas semanas, para investir esta importante cifra de medio millón de euros de fondos públicos, nunha parte moi importante de fondos municipais e outra parte tamén do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo”.

0.18846106529236