Ribadeo acolleu a xornada Conecta Lugo
Ribadeo acolleu a xornada Conecta Lugo e na que o alcalde, Dani Vega, considera que desde o Concello “temos que dar pasos” para o establecemento de proxectos empresariais en Ribadeo. A
O rexedor amosouse satisfeito pola celebración en Ribadeo deste foro: “estamos contentos de poder acoller en Ribadeo unha xornada destas características para dar a coñecer as axudas da Axencia Galega de Innovación: InnovaPeme e DeseñaPeme e tamén as do Igape”.
Vega explicou que “se trata de axudas que poden animar a establecer proxectos empresariais en Ribadeo. Son axudas ás que pode acceder todo o tecido empresarial ribadense e son todas moi benvidas”.
O alcalde dixo: “necesitamos empresas, iso o sabemos perfectamente todos, e desde o Concello tamén temos que dar pasos para crear o clima necesario para o establecemento de proxectos empresariais”. E referiuse ao polígono industrial: “a baixada do prezo do solo e a rebaixa dos impostos e tamén hai que eliminar certos impostos que nosoutros entendemos que non son necesarios”.
Para Daniel Vega “este punto de encontro que hoxe falou desde Ribadeo para Galicia é algo moi importante. Estamos a falar de subvencións que van do 25 ao 75% de colaboración. Creo que estes espazos informativos o que queren é trasladar toda a información necesaria á empresa para emprender e se é en Ribadeo moito mellor”.