Ribadeo acollerá unha xornada de Xogade con máis de 300 participantes en judo

AMariñaXa
O evento, organizado por Deporte Galego e a Xunta, terá lugar o 8 de marzo no pavillón da avenida de Luarca
Ribadeo-presentación-Xogade-Lugo
26 Feb 2025

Ribadeo acollerá o 8 de marzo unha xornada de Xogade na que o judo será o protagonista.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “no pavillón da avenida de Luarca entre as 10 e as 14 horas máis de 300 participantes se darán cita nesta xornada de judo de Xogade, unha iniciativa de Deporte Galego e da Xunta de Galicia”.

O edil ribadense indicou que “se trata de practicar un deporte, como o judo, de xeito fácil e divertido. Son xogos deportivos para nenas e nenos en idade escolar”.

Silvent engadiu que “estamos encantados de que Ribadeo siga acollendo eventos deportivos de diferentes disciplinas ao longo de todo o ano”.

⚙ Configurar cookies
0.17025899887085