Ribadeo acollerá unha charla informativa sobre os gastos hipotecarios

AMariñaXa
Ribadeo acollerá unha charla informativa sobre os gastos hipotecarios para animar ás persoas a reclamar antes de que remate o prazo.
dineiro cartos moedas orzamento
13 Mar 2024

Ribadeo acollerá unha charla informativa sobre os gastos hipotecarios para animar ás persoas a reclamar antes de que remate o prazo. A cita terá lugar este venres, 15 de marzo, ás 20 horas na Oficina de Turismo.

A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, explica que “a actividade enmárcase no ciclo de actividades informativas que a Unión de Consumidores de Galicia puxo en marcha en febreiro para explicar ás persoas consumidoras que aínda non o fixeron como poden reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario”.

A edil ribadense indicou que “o obxectivo desta actividade é informar á cidadanía dos importes que  poden reclamar, do prazo do que dispoñen así como da documentación e procedemento que deben seguir para levar a diante a súa reclamación”.

E engadiu: “animamos a todas as persoas que teñan dúbidas sobre todo este proceso a que se acheguen este venres á Oficina de Turismo de Ribadeo”.

0.18955492973328