Ribadeo acollerá un acto no que rendirá homenaxe a concelleiros, concelleiras e alcaldes no 40 aniversario das primeiras Corporacións Municipais

TerraChaXa | AMariñaXa
O salón de plenos acollerá o acto de homenaxe que o Concello lles renderá aos máis de 100 concelleiros e concelleiras que formaron parte das Corporacións Municipais de Ribadeo desde 1979.
2 May 2019

O salón de plenos acollerá o acto de homenaxe que o Concello lles renderá aos máis de 100 concelleiros e concelleiras que formaron parte das Corporacións Municipais de Ribadeo desde 1979.

O alcalde, Fernando Suárez, subliña que “cando se cumpren 40 anos da constitución das primeiras Corporacións Municipais democráticas, en Ribadeo queremos reunir nun acto, que se celebrará o vindeiro venres, 3 de maio, ás 20:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, aos alcaldes e aos concelleiros que formaron parte das mesmas desde 1979 ata a actualidade”.

O rexedor explica que “son máis de 100 homes e mulleres os que formaron parte das Corporacións Municipais de Ribadeo desde esa data. Desde o Concello enviamos comunicacións a todas e todos eles. Pero como pasaron moitos anos e non queremos esquecernos de ninguén, si algunha persoa foi concelleira ou concelleiro de Ribadeo nos últimos 40 anos e polo motivo que sexa non recibiu o convite para asistir a este acto, que o faga con absoluta normalidade porque están todos e todas convidados”.

Nese acto do venres os protagonistas, 100 edís e os 10 alcaldes cos que contou Ribadeo desde entón, recibirán unha enseña conmemorativa. Suárez Barcia engade: “dos 10 rexedores que houbo en Ribadeo, 5 somos os que estamos vivos. Pero a enseña desta data seralle entregada aos familiares deses compañeiros que xa non están entre nós”.

0.15240979194641