Ribadeo acollerá o próximo sábado o concerto de Kornucopia

AMariñaXa
O grupo naceu no 2021 da man de Sergio Prieto, Rober Galle e Fillo García, aos que máis tarde se sumarían Pablo Fei e Cherry Fernández
presentacion-concerto-kornucopia
Presentación do concerto de Kornucopia en Ribadeo
8 Xuño 2024

O Parque de San Francisco acollerá o 15 de xuño a partir das 22:00 horas un concerto do grupo ribadense Kornucopia.

Kornucopia naceu no ano 2021 da man de Sergio Prieto, Rober Galle e Fillo García, aos que máis tarde se sumarían Pablo Fei e Cherry Fernández.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, sinala que “son uns veteranos do ámbito musical, xa que proceden e forman parte doutras formacións moi coñecidas en Ribadeo. Agora todos xuntos fusionan diferentes tipos de música e estilos, desde o tradicional ata o pop, rock, jazz ou blues”.

A edil ribadense indica que “estes rapaces apostan pola autoproducción e a xestión da súa música, desde a súa creación ata as mesmas gravacións”.

E engade: “as persoas que nos acheguemos o 15 de xuño ao Parque de San Francisco poderemos gozar do bo facer de Kornucopia e escoitar cancións como O Tempo, Sardiñas e Sal, A Flor ou Un cento de cousas, entre outras. Animamos ás veciñas e aos veciños de Ribadeo e da contorna a acudir a esta cita coa música feita no noso pobo. Desde o Concello e desde a Xunta apostamos pola cultura popular, polas iniciativas da nosa xente”.

0.10745406150818