Ribadeo acollerá o FestivalEO da Alimentación Sustentable
AMariñaXa
Os días 23 e 24 de setembro o parque de San Francisco de Ribadeo acollerá unha nova edición do FestivalEO da Alimentación Sustentable.
13 sep 2022
Os vindeiros días 23 e 24 de setembro o parque de San Francisco de Ribadeo acollerá unha nova edición do FestivalEO da Alimentación Sustentable.
FestivalEo da Alimentación Sustentable do Eo é unha proposta para pasar dous días de diversión e aprendizaxe en torno á alimentación sustentable, a través da visibilización de propostas e alternativas que dan resposta aos principais retos que afrontamos neste preciso instante en relación ao modelo de produción, distribución e consumo.
Nesta cita poderase desfrutar de concertos, obradoiros, palestras, actividades para público infantil, degustacións, feira e moito máis.