Ribadeo acollerá o 8 de marzo o concerto do trío Metamorphoses

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O teatro de Ribadeo acollerá o domingo, 8 de marzo, o concerto do trío Metamorphoses, que se enmarca no proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago.
IMG 20200710 WA0002
5 Mar 2020

O teatro de Ribadeo acollerá o domingo, 8 de marzo, o concerto do trío Metamorphoses, que se enmarca no proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explica que “o concerto do trío Metamorphoses, formado por Jean Johnson ao clarinete, Roeland Jagers á viola e Ilona Timchenko ao piano, actúa este domingo no Teatro de Ribadeo ás 20.00 horas e faino dentro do proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago. Trátase dun ciclo  promovido pola Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración con Concellos como Nigrán, Sanxenxo ou Ribadeo e que conta tamén co patrocinio do Xacobeo 2021”.

A edil ribadense sinala que “o programa contén obras de Robert e Clara Shumann e de Max Bruch.  A pesar de que o fundamento para este trío é a figura de Mozart, a formación é tamén unha grande defensora da música contemporánea. E neste caso centrarán o seu repertorio no romanticismo alemán, é dicir no século XIX”.

Otero Cabarcos subliña que “o trío arranca en 2016 e editou o seu primeiro CD en 2018, polo cal recibiron recoñecemento internacional”.

A concelleira de Cultura anima “a todas as persoas amantes da música clásica a asistir ao concerto deste trío formado por músicos que actuaron como solistas por todo o mundo e recibiron premios en diferentes festivais”.

Os vindeiros concerto de Metamorphoses en marzo serán o día 11 en Abadín e o 14 en Lourenzá.

0.076663970947266