Ribadeo acollerá mañá outro sorteo de mil euros do comercio mariñán

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Nov 2019

O  luns, 4 de novembro, terá lugar o quinto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Ribadeo. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 28 de outubro e o 3 de novembro no comercio asociado a Acisa entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Ribadeo. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña desenvólvese en Ribadeo do 28 de outubro ao 3 de novembro e o sorteo farase o 4 en Acisa; en Covas esta campaña da FCAM terá lugar do 4 ao 10 de novembro e o sorteo será o 11 en Beiras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña será en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. A campaña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.

A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18631386756897