Ribadeo acollerá a presentación do libro Ramón e Corona González, un matrimonio de filántropos

AMariñaXa
Esta presentación forma parte da programación do X Ribadeo Indiano, que este ano pon en valor a memoria
rib-libro
7 Jul 2025

O vindeiro sábado, 12 de xullo, o Teatro de Ribadeo será escenario da presentación do libro Ramón González e Corona González Santos, un matrimonio de filántropos, unha obra da historiadora Celia Castro que repasa a vida e a obra deste matrimonio dedicado ao mecenado.

A actividade comezará ás 11.30 horas e estará presentada polo xornalista local Juan Soto, quen tamén participou como prologuista do libro, editado por Eoditorial. O texto aborda a influencia que tivo esta parella tanto na sociedade de Ribadeo como na do Porriño, destacando o seu compromiso e legado.

Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura, anima á cidadanía a asistir para “coñecer máis polo miúdo o que fixeron indianos e filántropos como Ramón González e a súa dona por Ribadeo. A súa pegada está presente na Praza de Abastos, no Teatro e na Terceira Orde, por poñer só uns exemplos”.

Esta presentación forma parte da programación do X Ribadeo Indiano, que este ano pon en valor a memoria e o traballo dos indianos e indianas que marcaron a historia local.

⚙ Configurar cookies
0.24742913246155