Ribadeo acollerá a Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste

AMariñaXa
As obras da estrada da estación marchan a bo ritmo. Estes días trabállase na ampliación e nos desmontes para duplicadr a súa anchura
Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico Noroeste ribadeo 2023
28 Out 2023

As federacións de confrarías de pescadores do cantábrico teñen unha cita a próxima  semana en Ribadeo, que acollerá unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, na que representantes dos pósitos  galegos, asturianos, cántabros e vascos volverán abordar diferentes temas de interese común para as confradías de pescadores do Cantábrico-Noroeste.

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta nova cita, que  se celebra no Parador de Ribadeo o luns 30 e martes 31 de outubro, para reflexionar  sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais  retos de futuro.

Durante a tarde do lunes os representantes das federacións de confrarías manterán unha  Xornada Técnica onde se fará unha revisión das conclusións da última Interfederativa, que  se celebrou en Burela hai un ano, e abordaranse as principais preocupacións do sector.

O Congreso pecharase na mañá do martes con unha xornada de traballo conxunta entre  representantes das confrarías e das administracións pesqueiras de España e das  comunidades autónomas do cantábrico. Como é habitual, nesta reunión o sector exporá ás  administracións as principais conclusións derivadas do traballo do día anterior.

0.20230102539062