Ribadeo acolle unha charla sobre a medicina antienvellecemento
A medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Ribadeo o vindeiro 4 de decembro en José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo.
Será no Salón dos Alcaldes do Concello ás 18.30 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “o doutor Flórez Lozano falaranos do convinte que é envellecer con humor. Ese é o mellor fármaco para a saúde e a lonxevidade. É unha conferencia coa que animará aos asistentes a vivir plenamente esta etapa da vida con desafíos, expectativas, ilusións, traballo, esforzo e superación”.
E engade: “Animamos a asistir a esta charla, que tendrá lugar el próximo miércoles en Ribadeo”.