Ribadeo acolle o XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos

AMariñaXa
Medio cento de persoas participarán na cita que ten como actividade complementaria a I Feira do Vehículo Novo e Usado
XI-forum-apaga-Ribadeo-Deputacion-colaboracion
XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos
23 Aug 2024

O vindeiro mércores, 28 de agosto, arrincará en Ribadeo o XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Medio cento de persoas participarán nunha cita, que conta coa homologación da Consellería de Educación. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “os participantes son de Galicia principalmente. Tamén hai xente da zona de Toledo, de Murcia e tamén de Asturias, pero a maioría son xente de Galicia”.

Trátase de profesores de FP, técnicos de talleres, persoas vinculada ao mundo do motor e este ano tamén contarán cun grupo de alumnos da Universidade de A Coruña. O obxectivos do Fórum de Apaga son: establecer un punto de encontro entre o profesorado da familia profesional de transportes e mantemento de vehículos, coñecer as últimas tecnoloxías e integrar ao traballadores en activo nos procesos de formación ao longo da vida laboral.

Durante as tres xornadas do evento tamén será presentado o plan estratéxico de internacionalización da asociación para o período 2024-2027 e tamén se darán a coñecer os resultados dos proxectos Erasmus + realizados por Apaga en 2022 e 2023. Son tres días moi intensos de actividades, charlas, a asemblea xeral de Apaga e tamén a homenaxe a Pedro Álvarez, “que foi un colaborador noso e da asociación, que morreu recentemente e se lle vai facer unha homenaxe aínda que se merece moitas máis cousas porque era unha persoa moi vinculada á formación profesional e a Apaga, onde sempre estivo a botar unha man nos momentos difíciles, que é de agradecer”.

Despois está o tema da internacionalización, “que cada vez vai collendo un impulso máis forte. Agora co tema de Hispanoamérica vai estar un profesor da Universidade de Chile para facer unha ponencia. É dicir, que o programa recolle unha serie de cuestións moi importantes, o que é formación profesional, a relación coa empresa e a vida de Apaga ata o momento”.

O presidente de Apaga tamén se referiu á homologación do XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos: “é unha actividade homologada pola Consellería de Educación. A parte seguimos nun mundo no que para todo necesitas puntos e todas as horas de formación. Xa desde hai varios anos a actividade ven sendo homologada, neste caso son 24 horas que lles servirán aos profesores para os concursos de traslados ou outro tipo de iniciativas para as que precisen presentar uns méritos”.

Como actividade complementaria ao Fórum Apaga organiza este ano a I Feira do Vehículo Novo e Usado, que terá lugar no porto de Ribadeo os días 31 de agosto e 1 de setembro. Doural contou que “isto é unha iniciativa que nos pediu algunha empresa para mover un pouco este tema. En principio é unha cousa moi modesta. Participarán catro empresas e sobre sesenta vehículos entre novos e usados. É unha proba, a ver como funciona, as sensacións de mellora que hai que establecer e en próximas edicións poder facelo con máis tempo, incorporar máis empresas… Como é a primeira vez que organizamos este tipo de evento tampouco sabemos moi ben como poden ir as cousas. Esperemos que vaia ben e que polo menos o tempo nos axude, que é unha cousa importante”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17674016952515