Ribadeo acolle o IX Fórum de Innovación e Formación de vehículos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Do 25 ao 28 de agosto terá lugar en Ribadeo, no Centro Pedro Murias, o IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
mel o trobo valadouro (3)
19 Aug 2020

Do 25 ao 28 de agosto terá lugar en Ribadeo, no Centro Pedro Murias, o IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). A presentación do modelo eléctrico Porsche Taycan en Rinlo é unha das novidades deste ano. Este Fórum, que contará cun total de 32 horas de actividades, está dirixido a profesores e profesionais do mundo do motor e estudantes de Formación Profesional ou universitarios, así como a afeccionados ao mundo automobilístico.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, comentou que “este ano é un pouco complexo polo tema do covid, pero está todo preparado: o programa, todas as series de actividades lúdicas que se van a facer a tarde do martes e a tarde de mércores: unha visita á Finca Galea, á fábrica de Sargadelos cunha comida alí, e despois o programa vaise desenvolver como estaba previsto”.

Sobre a programación do IX Fórum Doural explicou que “arrancaremos o martes pola mañá, por una parte cunha presentación por parte da xente de APAGA que leva o tema de accións europeas e dos proxectos que nestes momentos está a desenvolver a asociación, como os de mobilidade no marco da Carta de Mobilidade. Hai que recordar que a asociación é una das 90 entidades a nivel nacional que ten esa carta de mobilidade, que está acreditado. Pola tarde tanto martes como mércores vai haber unas actividades lúdicas e o xoves haberá reunión da asociación onde se fai balance do ano 2019, onde se fai o informe económico, os informes de actividades e as propostas de novos  proxectos e novas accións para desenvolver neste ano e de cara tamén ao 2021”.

O presidente de APAGA tamén falou sobre a gran novidade deste noveno Fórum: “a única novidade a maiores é o venres, aínda que estamos pendentes do permiso de Portos, xa que vai haber unha actividade no porto de Rinlo, á noite. Trátase da presentación dun novo modelo eléctrico da marca Porsche. En principio o venres pola mañá tamén haberá as 3 ponencias, de BMW e PSA e tamén se vai facer una ponencia sobre o Porsche que se vai presentar. Se vai  facer tamén un taller co vehículo novo, o Porsche Taycan, que se vai probar por estrada para as persoas que estean interesadas en probalo. O xoves pola mañá tamén terán lugar dúas ponencias, e pola tarde os talleres”.

En relación ás medidas de seguridade Álvaro Doural dixo que “desgraciadamente, e espero que no se volvan a repetir estas condicións, este ano contaremos con bastante menos xente, con menos da metade do que normalmente temos. Sobre unas 40 persoas asistirán ao IX Fórum por temas de seguridade e hixiene por mor do covid. Vanse a extremar todas as medidas en relación a ese tema. Ao final decidimos facer a actividade, que vai ser a única ou das únicas que se van desenvolver con estas características na Mariña, porque todo o mundo foi anulando, pero pensamos que tomando as medidas de seguridade e hixiene se poderá desenvolver sen maiores problemas”.

mel o trobo valadouro (4)

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19876217842102