O Sporting de Gijón elixe Ribadeo para o seu Campus Mareo Itinerante

AMariñaXa
Ribadeo acollerá do 24 ao 29 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón, que foi presentado na Casa do Concello e que chega ao municipio para quedarse.
Campus Mareo ribadeo
22 Abr 2024

Ribadeo acollerá do 24 ao 29 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón, que foi presentado na Casa do Concello e que chega ao municipio para quedarse.  O edil de Deportes, Francisco José Silvent, tivo palabras de agradecemento para o club asturiano: “Quero darlle as grazas desde o Concello de Ribadeo ao Sporting por ensinar os valores e ese gran talento dunha das mellores canteiras de fútbol español, como di a súa historia, aos nosos xogadores, como fan cos seus”.

Ribadeo entende que o deporte é “unha das claves fundamentais que ten o noso Concello e polo tanto a Concellería de Deportes é unha das máis importantes porque ten que organizar actividades de impulso do deporte, axudar ás entidades deportivas, pero tamén é moi importante dende o punto de vista económico e turístico”.

Deste xeito, poténciase o turismo de deportes “que trae a moita xente nova e as súas familias. Virán moitos rapaces aquí e todos quedaranse a durmir e a comer”. O rexedor tamén quixo dar a benvida á iniciativa. “Acollémosvos porque nos gusta que veñades a Ribadeo e tamén sabendo que é unha estratexia económica e social que impulsa a Ribadeo”.

Ribadeo, epicentro do deporte

Vega quixo dar as grazas polo traballo, “por entender que o deporte é fundamental e “por escoller a Ribadeo como epicentro do deporte e entender que somos ese punto de enontro, esa capital entre Galicia e Asturias”. No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o alcalde, Dani Vega, o presidente da SD Ribadeo, Valetín Coto, o responsable de Relacións Institucións do Sporting, Joaquín Alonso, o responsable de Negocio Deportivo do equipo asturiano, Daniel Acebal e o CEO de The Football Dream, organizador do Campus Mareo Itinerante, Alberto Carmona. Tamén estivo presente neste acto o técnico municipal de Deportes, Iván López.

0.16765689849854