Ribadeo acendeu as luces e inaugurou o Mercado de Nadal

AMariñaXa
Para o 5 de decembro está prevista a apertura da pista de xeo
ribadeo-Foto-Mercado-Nadal
2 Dec 2024

O Nadal chegou a Ribadeo co acendido do alumeado nun acto que tivo lugar nas peonís Catro Rúas. Estrelas e árbores nas principais rotondas de acceso á vila e unha grande bola de Nadal no parque de San Francisco son algunhas das novidades deste ano.

Tamén foi inaugurado esta tarde o Mercado de Nadal, que está instalado ata o 8 de decembro no parque de San Francisco. O horario de apertura é de 11 a 14.30 horas e de 17 a 21.00 horas. Son 35 casetas nas que se poderán atopar moitas ideas para estas festas de Nadal: decoración, artesanía, alimentación, etc…

Para o 5 de decembro está prevista a apertura da pista de xeo, un dos grandes reclamos do Nadal ribadense así coma o Ribaxogo. Ata o día de Reis unha ampla programación de actividades para todos os públicos agarda por veciñanza e visitantes.

0.16664099693298