Ribadeo abre a inscrición para as actividades de “Preto de Ti

AMariñaXa
O programa, que percorre todas as parroquias, ofrecerá memoria, ximnasia e charlas de saúde a partir do 6 de outubro
concello-ribadeo3
22 Sep 2025

O Concello de Ribadeo abriu o prazo de inscrición para participar nas actividades de “Preto de Ti”, que se desenvolverán do 22 ao 30 de setembro. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, sinala que esta nova edición comezará o próximo 6 de outubro e se estenderá por todas as parroquias do municipio.

Entre as propostas desta edición destacan os talleres de memoria e ximnasia, ademais das charlas de saúde que impartirá a enfermeira municipal, María Roel. A primeira sesión abordará o tema dos accidentes domésticos, unha cuestión de gran interese para a veciñanza.

A edil ribadense anima a todas e todos os veciños a sumarse a estas actividades, subliñando que son unha oportunidade para aprender, gozar e compartir bos momentos cos amigos e veciños das parroquias. A inscrición está aberta de 9:00 a 15:00 horas a través do número de teléfono 625 10 42 74.

⚙ Configurar cookies
0.095363140106201