Revélanse os premiados nos concursos de Postais de Nadal e de Poesía de Burela

AMariñaXa
Uns premios que puxo en marcha a Biblioteca Pública Municipal durante estas datas
premios-postales-burela
3 Jan 2025

Xa se coñecen as nenas e nenos premiados no concurso de Postais de Nadal e de Poesía de Nadal da Biblioteca Pública Municipal. Os nomes foron anunciados polo Concello de Burela que traslada os parabéns a todos os participantes nestes certames, tradición nestas festas.

Así, en Educación Infantil quedou primeira Martina Cociña Lestao; segunda Marina Lara Pérez e terceira Luz Goncalves Santomés. Na categorías de 1º e 2º de Educación Primaria: 1ª Naia Fontenla Suárez, 2ª Elena Álvarez Fernández e 3ª Lidia Ares Fernández. En 3º e 4º de Educación Primaira: 1º Pedro Cociña Lestao; 2º Teo Domínguez García e 3º José María García Fra. Xa de 5º e 6º de Primaria: 1ª Andrea Diéguez Ruíz; 2ª Clara Vázquez Cayón e 3º Erlín Jean Pierre De la Nuez Cardenas.

Nos premios de Poesía de Nadal, na categoría A, destinada a menores de 8 anos, foron recoñecidos Teo Domínguez García, Naia Fontenla Suárez e Leo Fraga Río, nesta orde. Na categoría B, para idades comprendidas entre 9 e 11 anos, recibiron os galardóns Jose María García Fra, Sabela Braña Morán e Sara López Pena. Na categoría C, dirixida a mozos e mozas de 12 a 16 anos, os recoñecementos foron para Jimena García Fra, Jimena Domínguez García e Jaume Fernández López.

As persoas premiadas no concurso de poesía clasificaranse para participar na fase provincial do mesmo, organizada pola Biblioteca Pública de Lugo.

0.16491079330444