Revélanse os nominados do Certame de Teatro Concello de Lourenzá
Revélanse os nominados nas distintas categorías de premios polo xurado da sexta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Para o premio Conde Santo á mellor representación (750 euros e trofeo) os elixidos son: 'Heroínas cotiás', de Muiñeiras do Vento (Ferrol); 'O traballo de Andrea', de Ollomao (Barreiros); e 'As máscaras de Ibáñez. O marqués de Sargadelos que nunca foi, de Avelaíña' (Pontevedra).
No que atinxe ao premio Lourenzo ao mellor actor (trofeo): Juan Villarino, de Pico do Castro (Foz); Benito do Condadés, de Ollomao (Barreiros) e Xabier Fernández, de Avelaíña (Pontevedra). Para o premio Ana á mellor actriz (trofeo): Andrea María López, de Candelas (Portas); Chus García, de Muiñeiras do Vento (Ferrol); e Miriam Bouso, de Ollomao (Barreiros).
En canto ao premio ao mellor actor de reparto (trofeo) optarán: José Ramón Villarino, de Pico do Castro (Foz); Antón de la Fuente, de O Catre (As Pontes); e Tino de Marchante, de Ollomao (Barreiros). Para o premio á mellor actriz de reparto (trofeo): Dulce García, de Candelas (Portas); Iria Rey, de O Catre (As Pontes); e Lucía de Remourelle, de Ollomao (Barreiros).
Nominados ao premio á mellor posta en escena (trofeo): 'Paripé, o cabaré!', de O Catre (As Pontes); 'Heroínas cotiás', de Muiñeiras do Vento (Ferrol); e 'O traballo de Andrea, de Ollomao' (Barreiros).
No premio especial do público (trofeo): 'O traballo de Andrea', de Ollomao (Barreiros); 'As cousas pasan', de AT Coles (Coles); 'As máscaras de Ibáñez. O marqués de Sargadelos que nunca foi', de Avelaíña (Pontevedra). Os premios serán entregados na gala que se celebrará o sábado 21 de decembro ás 20.00 horas no multiusos Ponte de Cuñas, evento no que presentará e actuará o coñecido actor Avelino González.