Reunión dos representantes da provincia coa autoridade portuaria
AMariñaXa
O delegado territorial, Javier Arias, mantivo en Celeiro o primeiro encontro co presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
4 Mar 2021
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe en Celeiro o primeiro encontro institucional co presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo, e outros representantes da entidade, logo de que el mesmo fora nomeado recentemente conselleiro do organismo en representación da Xunta de Galicia.
Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, participaron tamén o xefe territorial, Pablo Ramón Fernández Asensio; os alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro respectivamente, e Alejandro Rey, director da Autoridade Portuaria.