Retómase o mercado semanal de Foz

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O mercado semanal de Foz retómase mañá, martes, pero só para produtos de alimentación e cunha separación entre postos adecuada ás circunstancias actuais.
12 Maio 2020

O mercado semanal de Foz retómase mañá, martes, pero só para produtos de alimentación e cunha separación entre postos adecuada ás circunstancias actuais.

O alcalde focense, Fran Cajoto, anuncia que “este martes retómase de novo o mercado semanal en Foz, pero de momento exclusivamente para produtos de alimentación e cunha separación física adecuada. Haberá 5 metros de separación entre os postos e rúas de dez metros de ancho, para garantir a separación entre todos os compradores. Hai que recordar que só se pode atender a un cliente por quenda e non se poden manipular eses alimentos. Ademais dispoñeremos unha caseta de madeira á entrada para dispensar xel a todas aquelas persoas que pasen por alí e que se queiran hixienizar. Todo para intentar garantir sempre esas medidas sanitarias porque aínda está o Covid-19 entre nós e temos que ser extremadamente cautelosos e precavidos”.

O rexedor municipal explicou tamén que o Concello de Foz segue con outras medidas: “hoxe, por exemplo, coa apertura dos comercios repartíronse uns pequenos kits do Concello con mascariñas, con xel de desinfección e con información a cada local para que ninguén estea no primeiro día desprovisto dese material necesario nos momentos nos que nos atopamos”.

0.10136413574219