Retiradas as xardineiras situadas nas beirrarúas da Travesía da Mariña de Viveiro
AMariñaXa
Míriam Bermúdez aposta por un concello "libre de fochancas" que impulsará cun Plan de Mantemento de Estradas
29 sep 2023
A tenente de alcaldesa e concelleira de Obras de Viveiro, Miriam Bermúdez, informou da retirada das xardineiras que estaban ubicadas nas beirrarúas da Travesía da Mariña.
“Na maioría das ubicacións nas que estaban eran un obstáculo, e coa súa retirada melloramos o tránsito de peóns e avanzamos en accesibilidade, pensando nas persoas con mobilidade reducida ou nos carriños dos bebés”, explica Bermúdez.
En concreto, retiráronse as xardineiras que estaban na Travesía da Mariña no tramo que vai desde o restaurante Ría ata a pescadería. Algunhas delas estaban ademais en mal estado.
“Son pequenas actuacións para mellorar a mobilidade nas nosas rúas, pensando sempre na nosa veciñanza”, engade.