Resurrection Fest anuncia un festival online con fins benéficos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
18 Maio 2020

O 15º aniversario do Resurrection Fest Estrela Galicia posponse a 2021, pero iso non quere dicir que non se poida gozar do festival en xullo igualmente.

Así, anunciaron que durante o 3 e 4 de xullo terá lugar o Resurrection Fest Estrela Galicia Online con fins benéficos no que contarán cunha programación en aberto de concertos inéditos, actuacións en directo, entrevistas especiais, reportaxes sobre o festival e moito máis.

Dentro desta edición virtual gratuíta, poderase vivir desde casa e cos amigos a experiencia Resurrection Fest Estrela Galicia e ademais axudar a varias iniciativas contra o coronavirus e a colectivos necesitados.

A organización quere agradecer as bandas internacionais e nacionais que xa se sumaron á iniciativa así nas próximas semanas irán dicindo máis respecto disto.

En colaboración con Estrela Galicia e a campaña # elresuEGresiste, tentarase involucrar ao maior número de fans para poder revivir a sensación de estar en Viveiro na mellor semana do ano.

0.068034887313843