Consulta os resultados das eleccións municipais 2023 nos concellos da Mariña

AMariñaXa
Algo máis de 270.000 lucenses estiveron chamados a votar hoxe nunhas eleccións nas que aumenta a presenza de BNG e VOX
Eleccions 2023 municipais votar urna votacion papeleta 14
29 Maio 2023

Todos os veciños lucenses exerceron o seu dereito ao voto nas eleccións municipais deste domingo 28 de maio.

A Pontenova contará durante catro anos máis co PSOE ao fronte do concello no que Darío Campos conseguiu a maioría absoluta con 7 concelleiros. O Partido Popular acadou 3 e o BNG 1. Así case o 65% dos votos son para os socialistas liderados por Darío Campos.

En Alfoz, 9 concelleiros están repartidos entre 3 para o PSOE, 3 o PP e 3 para VIA Alfoz. Houbo que esperar para saber que Efigenia Maseda, de VIA Alfoz, foi a elexida para gobernar.

En Barreiros, as votacións quedaron igual que nos anteriores comicios, 5 concelleiros para o BNG e o PP e 1 para o PSOE. moi igualadas entre BNG e PP a 5 concelleiros, e 1 para o PSOE. Así que haberá que esperar por probable acordo entre nacionalistas e socialistas como no 2019.

En Burela, Carmela López do PSOE leva 5 concelleiros, os mesmos que Manuel Rouco do PP. O BNG de Mario Pillado leva 2 escanos e súmase ao panorama político Son Burela con 1 escano. Así, Carmela López foi a escollida como nova alcaldesa tras un pacto co BNG.

En Cervo, os edís repartíronse da mesma maneira que nos anteriores comicios. O Partido Popular gañou de novo aos outros partidos conseguindo 7 escanos, no que tan só necesitaba 6 para a maioría absoluta; 2 logrou o PP e 2 o BNG. Así, Alfonso Villares repetirá Alcaldía.

En Foz o socialista Fran Cajoto conseguiu 7 concelleiros fronte aos 6 do Partido Popular de Jorge Castiñeira e os 4 do BNG de Francisco Fanego. Polo que o socialista volverá ter que pactar co BNG para poder gobernar. Cajoto conseguiu case o 40% dos votos focegos, Castiñeira o 35% e 25% foi para Fanego.

No concello de Lourenzá o PSOE volveu conseguir a maioría absoluta con 7 concelleiros fronte aos 2 do PP e 1 do BNG. A socialista Rocío López García repetirá como alcaldesa.

En Mondoñedo, os votos de esquerdas acadados entre PSOE e BNG non serán suficientes para xuntar forzas e arrebatarlle a Alcaldía á candidatura popular de Manuel Otero, que contará na presente lexislatura con 6 edís fronte aos 3 dos socialistas e 2 dos nacionalistas.

No Valadouro o Partido Popular leva 4 escanos, o BNG 2, o PSOE 2 e UDIVAL 1. Malia estes resultados, María José Fernández, de UDIVAL, foi elixida rexedora co apoio do PSOE e BNG.

No Vicedo, o seu alcalde actual, o popular José Jesús Novo Martínez, volverá ocupar este este cargo tras acadar un case un 55% dos votos dos veciños o que fan un total de 5 escanos, 1 menos que no 2019. Os outros catro repartense en 3 para o PSOE e 1 para o BNG.

En Ourol gañou o PSOE con 5 concelleiros e 2 do PP. Así o actual alcalde, José Luis Pajón, volverá poñerse ao fronte deste municipio malia que baixou en 3 concelleiros respecto aos comicios do 2019. O 69,14% da veciñanza decantouse polo grupo socialista fronte o 29,45% polos populares que fixeron que subira 1 escano.

En Ribadeo o PP de Daniel Vega triunfou na vila mariñá con 7 concelleiros fronte aos 5 obtidos polo BNG de Pablo Vizoso e 1 do PSOE de Marta Rey. Vega sumou 3 escanos respecto ao 2019, e o BNG e o PSOE baixaron respectivamente 2 e 1. Os populares conseguiron case un 48% dos votos da veciñanza.

En Riotorto o PP de Clemente Iglesias conseguiu a maioría absoluta con 6 concelleiros fronte aos 3 do BNG. Os nacionalistas conseguiron dous escanos máis e desaparece o PSOE riotortense.

En Trabada Mayra García Bermúdez gobernará en maioría absoluta, como nas pasadas lexislatura. O PSOE volverá liderar o concello cun total de 6 escanos, un menos que no 2019, e que suma o PP que queda con 3 escanos.

En Viveiro o Partido Popular de Mariña Gueimunde leva 7 concelleiros, 5 son para o PSOE de María Loureiro, 3 para o BNG de Mirian Bermúdez e 2 para Por Viveiro con Bernardo Fraga. Haberá que ver os posibles pactos entre PSOE e os demais grupos políticos de esquerdas.

En Xove os populares representados por Demetrio Salgueiro conseguiron 7 concelleiros polo que volverá gobernar en maioría e con comodidade fronte aos 3 do BNG que baixa un respecto ao 2019. O PSOE aparece no panorama político xovense.

No concello asturiano de Vegadeo o PSOE de César Álvarez conseguiu 5 concelleiros fronte a 4 do PP, 1 de Foro Asturias e 1 de IU-Más Páis. Haberá que esperar aos vindeiros días para ver os posibles pactos do PSOE pois necesita 6 concelleiros para a gobernar.

Concello Concelleiros totais Concelleiros maioría PSOE PP BNG Por Viveiro Partido Galego Udival VIA Alfoz Son Burela Podemos VOX FAC IU-Más País
A Pontenova 11 6 7 3 1 - - - - - - - - -
Alfoz 9 5 3 3 - - - - 3 - - - - -
Barreiros 11 6 1 5 5 - - - - - - - - -
Burela 13 7 5 5 2 - - - - 1 - - - -
Cervo 11 6 2 7 2 - - - - - - - - -
Foz 17 9 7 6 4 - - - - - - - - -
Lourenzá 11 6 7 3 1 - - - - - - - - -
Mondoñedo 11 6 3 6 2 - - - - - - - - -
O Valadouro 9 5 2 4 2 - 0 1 - - - - - -
O Vicedo 9 5 3 5 1 - - - - - - - - -
Ourol 7 4 5 2 - - - - - - - - - -
Ribadeo 13 7 1 7 5 - 0 - - - - - - -
Riotorto 9 5 0 6 3 - - - - - - - - -
Trabada 9 5 6 3 - - - - - - - - - -
Vegadeo 11 6 5 4 - - - - - - - - 1 1
Viveiro 17 9 5 7 3 2 - - - - 0 0 - -
Xove 11 6 1 7 3 - - - - - - - - -
0.19295191764832