Restaurado o lavadoiro de Rego de María Canoura en Morás
Restaurado o lavadoiro de Rego de María Canoura en Morás co obxeto de dar servicio ao núcleo rural de Aldea de Abaixo na parroquia homónima, e integralo no seu entorno, aproveitando para a sustitución das planchas de fibrocemento con amianto, existentes na actual cuberta.
A obra comezou cunha serie de demolicións das partes máis deterioradas, continuou coa colocación de tuberías de drenaxe e un colector de saneamentos pluviais, e para rematar realizouse o paredado dos 4 pilares con pedra graqnítica, construíronse muros perimetrais e outros elementos con mampostería de pedra granítica, cubríndose o conxunto cunha cuberta a catro augas, con vigas, pontóns de taboleiro de abeto laminado, cuberto o conxunto con pizarra e cumbreira de tella cerámica. En fín, todo o conxunto foi construido con materiais que se integran perfectamente no entorno.
Con esta obra o Concello de Xove continúa coa recuperación dos lavadoiros e das vellas fontes parroquias, poñéndoas novamente en valor, recuperando ao mesmo tempo o entorno, todo para facilitar o seu uso por parte os veciños.
Os lavadoiros e as fontes, dos que no noso Concello inda se atopan un bó número, son elementos importantes da nosa arquitectura tradicional, dahí que sexa importante a súa recuperación e posta en valor por parte das administracións públicas, neste caso o noso Concello.
Esta obra foille adxudicada á empresa Construcciones y Canalizaciones Joser Saa S.L. na cantidade de 30.110,28 euros. A mesma englobouse dentro dos Fondos de Compensacion Ambiental da Xunta de Galicia, contando cunha subvención de 15.569,60 euros da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia 1ª da Xunta de Galicia. A restante financiación correo a cargo do Concello.