Restaurada a igrexa do mosteiro de San Salvador de Lourenzá

AMariñaXa
Restaurouse a igrexa do mosteiro de San Salvador de Lourenzá que centraron en corrixir as patoloxías existentes para garantir a conservación
igrexa do mosteiro de San Salvador de Lourenza
1 sep 2022

Restaurouse a igrexa do mosteiro de San Salvador de Lourenzá nas que se investiron 316.100 euros e se centraron en corrixir as patoloxías existentes para garantir a conservación do ben e favorecer a súa promoción cultural.

A intervención ten como principais finalidades eliminar os danos estruturais existentes nas  fábricas de cantería da nave lateral sur e a supresión de filtracións de auga de chuvia a través da súa cuberta. Tamén a restauración da lanterna situada sobre a cúpula do cruceiro, a reparación de humidades interiores e a renovación integral da instalación eléctrica.

O mosteiro de San Salvador de Lourenzá está considerado Monumento Histórico Artístico nacional dende o ano 1974 e representa un elemento de especial interese no ámbito do Camiño Norte. Subliñou o compromiso da Consellería “coa preservación do noso patrimonio, que ademais supón un recurso turístico de primeira orde”.

ACTUACIÓNS PROPOSTAS

Entre as actuacións concretas que se propoñen, no caso da lanterna contémplase a reconstrución do cupulín e entaboado, a restauración das capintarías e ferraxes e a incorporación dun sistema de ventilación. 

Tamén o selado de gretas e xuntas na nave da epístola e o triforio; e o selado da greta do muro sur con inxección de morteiro de cal. A nova acometida eléctrica completarase con proxectores led para retablos, a nave principal, o cruceiro e o presbiterio, e na planta superior nas naves laterais e a tribuna. Así mesmo, intervirase na cuberta para evitar as entradas de auga nas naves laterais, entre outros traballos de mellora.

As actuacións comezaron pola realización dos estudos previos e está previsto que finalicen de cara ao vindeiro outono.

visita rehabilitacion mosteiro de San Salvador de Lourenzá
0.19503402709961