Restaurada a Fonte do Mol de Sumoas en Xove

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Jan 2020

A restauración integral da Fonte do Mol, na parroquia de Sumoas, fixose cunha actuación na que se investiron 39.000 euros e que permitiu a recuperación deste elemento etnográfico que a día de hoxe segue a ter un uso veciñal.

A obra, xa rematada, foi posible coa aportación dunha achega de 15.500 euros a través da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental.

O proxecto contemplou traballos de restauración da fonte, incluída a edificación na que se atopa e o lavadoiro situado no seu interior, así como a mellora dos accesos. A intervención tiña por obxecto acondicionar este espazo e integralo na contorna, substituíndo materiais degradados e non acordes co entorno por outros tradicionais como pedra, madeira e lousa. Unha das actuacións previstas foi a substitución da cuberta de fibrocemento por outra empregando materiais como madeira de castiñeiro e lousa.

O Concello de Xove desde hai anos está a desenvolver un ambicioso programa de recuperación dos núcleos rurais, dotándolles de infraestruturas axeitadas (iluminación, accesos, comunicacións, áreas recreativas, etc… ) e tamén restaurando o seu patrimonio de interese sociocultural.

0.15718817710876