Restaurada a fonte das Hedradas en San Isidoro de Monte de Xove

AMariñaXa
Restaurada a fonte das Hedradas en San Isidoro de Monte no Concello de Xove, que inclúe tamén un lavadoiro.
FONTE HEDRADAS xove
11 Nov 2021

Restaurada a fonte das Hedradas en San Isidoro de Monte que inclúe tamén un lavadoiro. Esta fonte atopábase moi deteriorada,e incluía materiais contaminantes como pranchas de fibrocemento con amianto. Por iso o Concello viu a necesidade de restaurar todo o conxunto  e darlle unha nova vida para uso e disfrute dos veciños da contorna.

Entre os traballos de renovación levados a cabo sobresaen a dustitución das pranchas de fibrocemento con amianto da cuberta por unha cuberta nova de madeira con pizarra tosca, a sustitución dos pilares de bloque de formigón por pedra granítica, a recuperación da soleira do lavadoiro e da fonte con granito do país, o arranxo das canalizacións da auga e o da contorna.

Esta obra foille adxudicada á empresa Xota Xestión Integral da Mariña S.L. na cantidade de 20.678,90 euros e a mesma englobouse dentro dos Fondos de Compensacion Ambiental da Xunta de Galicia, contando cunha subvención de 15.469,50 euros da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia 1ª. A restante financiación correo a cargo do Concello.

Con esta obra o Concello continúa coa recuperación das vellas fontes parroquias, poñéndoas novamente en valor, recuperando ao mesmo tempo a contorna, todo para facilitar o seu uso por parte os veciños.

As fontes e lavadoiros son elementos importantes da arquitectura tradicional por iso é importante a súa recuperación e posta en valor por parte das administracións públicas.

FONTE HEDRADAS xove1
0.20761609077454