Respaldo maioritario a Elena Candia como presidenta do PP en Lugo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A mindoniense Elena Candia revalidou a presidencia do PP da provincia de Lugo co apoio do 98,21% dos votos dos compromisarios, ao rexistrar 716 votos a favor dos 729 votos emitidos.
congreso candia 4
20 sep 2021

A mindoniense Elena Candia revalidou a presidencia do PP da provincia de Lugo co apoio do 98,21% dos votos dos compromisarios, ao rexistrar 716 votos a favor dos 729 votos emitidos. No 18 congreso do PP da provincia de Lugo, celebrado no pavillón municipal de Outeiro de Rei, unha vez proclamada, a presidenta electa asegurou: “o proxecto do Partido Popular da provincia de Lugo é un proxecto para chegar lonxe e para iso necesitamos a moita xente; Lugo e a nosa provincia precísannos máis ca nunca; nosa militancia  meréceo e os veciños de Lugo necesitan apartar do goberno ao BNG e ao PSOE”.

Candia, deputada autonómica e exalcaldesa e tenente de alcalde en Mondoñedo, definiu así ao PP: “Somos un partido activo, quixemos estar sempre a pé de rúa, visitamos explotacións, coñecendo autónomos e emprendedores e os seus problemas, cerca dos nosos voceiros e concelleiros; este traballo trasladouse ás urnas”. De novo a presidenta provincial do PP fixo balance da súa traxectoria política, do traballo destes anos á fronte do partido,  subliñando que foron máis de 3.000 as visitas solicitadas coa presidenta e que foron recibidas na sede da organización na capital lucense. Agradeceu á militancia o cariño e apoio que lle demostra.

Elena Candia dixo que este é un congreso moi importante; non é para falar de nomes, nin de cargos, é, asegurou, para falar de Lugo, dos problemas do noso tecido produtivo e para intentar propoñer solucións nun momento económico tan complicado, despois de pasar unha crise sanitaria tan importante. Candia agradeceu o traballo de dúas persoas novas que elaboraron o comunicado-relatorio, Cristina Sanz e Toño Gallego, despois de recoller as suxestións do tecido económico e social da nosa provincia nun escenario de proximidade “no que nos gusta traballar ata obter un documento de 176 puntos”.

A líder popular dixo aos lucenses que o seu proxecto e o seu equipo poñen a Lugo no centro das súas preocupacións. Manifestou: “somos un partido aberto que quere ter un servizo de provincia, queremos traballar en equipo, que sabemos que temos que convencer de maneira aplastante porque só podemos gobernar cando temos maioría absoluta; non porque perdamos, senón porque se xuntan os perdedores e non nos deixan gobernar”.  Candia destacou: “temos ideas e temos proxecto; “temos un reto económico e industrial, temos que dicirlle ao PSOE que a súa actuación en materia industrial e co noso tecido económico e produtivo é insultante e a única maneira de dicirllo é nas urnas”.

XUNTA

Candia dirixiuse ao presidente da Xunta para indicar que é un momento de gran expectación en relación á captación de fondos europeos: é o momento, asegurou, de que Lugo teña protagonismo neses fondos europeos”.

A presidenta provincial destacou que no comunicado oficial dicimos que defendemos o medio rural, que o sector primario é un piar fundamental na economía lucense. Engadiu: "Pois ben, agora eses gandeiros, que dunha forma titánica defenden o traballo día a día, loitan contra o xabaril e contra o lobo”. E de seguido lembrou que a alcaldesa de Viveiro lle vai pedir medidas á conselleira Fronte ao lobo “cando pediu votos para unha ministra do PSOE que o vai protexer como especie de tal maneira que non se vai poder controlar. “Ese é o PSOE da nosa provincia”, dixo Candia.

A presidenta popular lamentou que os portavoces do PP teñan que escoitar que cada error na xestión de alcaldes socialistas ou nacionalistas é culpa da Xunta, “pero non é así e as cifras o demostran”.

En materia de infraestruturas, recordou que o desdobramento do corredor Nadela-Sarria conta cun investimento de máis de 135 millóns de euros.

Candia falou sobre o valor da igualdade manifestou, referíndose a que outros partidos pretenden dar leccións: “Temos que escoitar grandes exemplos de pacotilla”. Engadiu: “Como muller, igualdade en tódolos eidos, saíndo dunha familia humilde e como muller tiven as oportunidades neste partido co único límite da militancia”.

A este respecto, durante o seu discurso sinalou que “este é un partido de xente maior, aos que lle debemos todo para que hoxe teñamos esa sociedade do benestar, e de xente moza” poñendo como exemplo á Comisión Organizadora do 18º Congreso. Nesa liña, recordou que o Partido Popular como recolle no relatorio debe “reter o talento da nosa xuventude”.

Nomeou tamén a educación e a universidade recordando que estes días o Goberno galego poñía en marcha un novo grao sobre xestión cultural. “Sobre o patrimonio cultural, non renunciamos a iso, ten que ser tamén unha gran industria”, afirmou.

A respecto do sector turístico lembrou o importante número de traballadores da hostalaría e agradeceu ao conselleiro a aposta pola provincia co Xacobeo. “Coa riqueza do Camiño de Santiago agardamos que nazan brotes verdes e que sigamos recuperándonos despois desta crise sanitaria”.

Candia subliñou o compromiso co medio ambiente, tal e como recollía o comunicado. “De novo a batalla das ideas e non nos deixemos enganar por ecoloxistas esaxerados: en Lugo coidamos ao noso medio ambiente. Temos verdadeiro patrimonio natural sen leccións de ninguén”. Sobre o modelo territorial, rematando así co debate das ideas exposto no Comunicado, sinalou que “é resultado dun éxito colectivo. Son mindoniense, lucense, galega e española e ese é o concepto que temos no Partido Popular”, remarcou.

TRAXECTORIA

Elena Candia repasou a súa traxectoria política á que lle dedicou “a mellor parte da miña vida”. Tal é así que lembrou que forma parte da formación popular dende 2003. Foi alcaldesa de Mondoñedo, voceira na Deputación e presidenta de dita institución e , na actualidade, deputada autonómica. Neste tempo, asegura, “aprendín que en política hai que ser xeneroso, mirar á cara e dicir a verdade”. “Intento ser humildade e trasladar os valores que, segundo remarcou, aprendemos do noso rural á vida política”, sentenciou.

O 18 Congreso do PP de Lugo tamén deixou momentos emotivos como os producidos nos recoñecementos e distincións realizadas. Foron os seguintes:

- Begoña Seco, xefa territorial Sanidade pola súa xestión durante a pandemia. A presidenta fixo un recoñecemento á tamén concelleira de Outeiro de Rei, á que lle pediu que trasladase o noso agradecemento ao persoal do Sergas, un agradecemento que a popular estendeu ao persoal sociosanitario e de axuda no fogar que atenden aos nosos maiores.

- Os compañeiros do PP falecidos: Manuel Capón como exalcalde de Baralla; o ex tenente alcalde Begonte, José Antonio Vázquez; Manuel Sánchez, ex tenente de alcalde de Folgoso do Courel; e Pedro Fernández Manín como extenente de alcalde de Foz.

- Tamén personalizou no pedáneo de Albeiros, José Gómez, o recoñecemento á militancia e agradeceu a participación de tódolos compromisarios.

CANDIDATURA

  • Abades Martínez, Cristina
  • Amigo Díaz, Encarna
  • Arias López, José Manuel
  • Asorey Daviña, Luis
  • Balseiro Orol, José Manuel
  • Blanco Vila, José Manuel
  • Conde López, Francisco
  • Corral Alvarez, Eugenio
  • Corujo González, Héctor
  • Dobarrio López, José Manuel
  • Fernández Guitián, Luis
  • García López, José Antonio
  • Gaute Verdes, Begoña
  • Gómez Rodríguez, María José
  • González Piñeiro, Miguel
  • Iglesias Fontal, Olga
  • Iglesias González, Clemente
  • Lamas Novo, Luis
  • López Abella, Susana
  • López Blanco, Margarita
  • López Moreira, Eva
  • López Rodríguez, José Manuel
  • Martínez, Ángel
  • Martins Gonçanves, Félix
  • Moure Ansoar, Ramiro
  • Novo Martínez, José Jesús
  • Núñez Díaz, Jesús Manuel
  • Pereiro Pérez, José Manuel
  • Pérez López, Sabela
  • Pérez Sindin, Eloy
  • Piñeiro Rasilla, David
  • Rodríguez Pérez, Fernando Carlos
  • Rodríguez Rodríguez, Óscar
  • Rozas Bello, José Manuel
  • Rozas López, Enrique
  • Salgueiro Rapa, Demetrio
  • Sanz Arias, Cristina
  • Taboada Candal, Teresa
  • Teijeiro Álvarez, Patricia
  • Ulla Rocha, José
  • Varela Fernández, Katy
  • Vázquez Nodal, Francisco Javier
  • Vázquez Pena, Carlos
  • Vázquez Prado, Javier
  • Vega Pérez, Daniel
  • Villamarín Vázquez, María José
  • Villares Bermúdez, Alfonso

Natos:

  • Diputados Autonómicos
  • Diputados Nacionais
  • Senadores
  • Portavoz Deputación
  • Portavoz Ayuntamiento Lugo
elena candia congreso pp lugo
242388305_1743013196087589_3656870167943957132_n
congreso pp candia 2
congreso pp candia
congreso pp candia3
0.18450999259949