Representarase en Viveiro 'Pum pum, quen hai?'

AMariñaXa
É unha comedia de Ártika Cía coa escenografía da man de Marcos Alonso
teatro-pastor-diaz-viveiro-2
22 Out 2024

Este sábado a arte teatral volverá a ser protagonista no concello de Viveiro. Deste xeito, chega ao Teatro Pastor Díaz a obra Pum pum, quen hai? de Artica Teatro. Trátase dunha peza que se representará a partir das 18.00 e que está dirixida a público infantil. É unha comedia de Ártika Cía coa escenografía da man de Marcos Alonso.

 A música e o deseño de iluminación están a cargo de Anxo Fernández, Rocío Salgado é a coreógrafa e Fernanda Barrio Barcala encárgase do vestiario. O elenco artístico compóñeno Fernanda Barrio Barcala, Marcos Alonso e Rocío Salgado. Conta a historia de dúas portas enfrontadas, un novo veciño no edificio, moito por descubrir e moito por aprender. Quen será e de onde virá? Que valores aprenderás véndonos rir e bailar?

0.1927170753479