A Venecia de Mondoñedo

AMariñaXa
Reportaxe: A Venecia de Mondoñedo, o barrio mindoniense coñecido como Os  Muíños está situado na periferia do centro urbano.
Whats Guitiriz
18 Nov 2020

O barrio mindoniense coñecido como Os  Muíños está situado na periferia do centro urbano, ao pé dunha das entrada tradicionais á cidade.

Era onde antigamente atopábanse talleres artesáns de oleiros e ferreiros, ademais de 10 ou 12 muíños que son os que lle dan nome. Destacan as canles de auga que atravesan o barrio, as pequenas pontes e lavadoiros e a Fonte dos Pelamios.

Na praza dos Muíños de Arriba atópase a pequena Capela de Santiago, do século XVI.

Na actualidade podemos notar a presencia da artesanía con canteiros, serigrafistas e monicreques.

Atravesado por canles de auga como se de Venecia se tratase, a súa proximidade ao centro urbano, á  praza da Catedral, ao Seminario de Santa Catalina ou á Fonte Vella fanlle merecedor sen dúbida dunha visita.

A ponte romana do  Pasatempo, que aparece na entrada ao barrio, recibe este nome debido á historia na que a muller de Pardo de Cela, en posesión do indulto dos Reis para salvar a vida do seu marido, foi entretida neste lugar polos canónigos mentres o Mariscal era axusticiado na praza da Catedral.

No barrio dos Muíños áchase a capela de Santiago, edificada a mediados do século XVII, e que garda tallas curiosas no seu retablo como a do apóstolo Santiago montando a cabalo.

As canles que todavía se ven traían auga do río Valiñadares para dar forza a muíños e outros enxeños hidráulicos cos que traballaban os panadeiros,  ferreiros,  carpinteiros,  oleiros e moitísimos máis.

Mondoñedo foi capital dunha das antigas sete provincias galegas e sede episcopal desde tempos moi remotos. Toda esa poboación de mosteiros, conventos, catedrais seminarios e persoal administrativo, tanto laico como relixioso, tiña que ser fornecida diariamente de alimento e obxectos de uso. Aquí estaba boa parte desa subministración.

Co desexo de revitalizar e impulsar a tradición artesá celébrase aquí agora todos os anos a Feira dos  Muíños, con artesáns do barrio que abren as portas dos seus talleres ou poñen os seus postos, do mesmo xeito que outros que veñen doutros lugares de Mondoñedo ou das comarcas do arredor.

Neste barrio artesán podemos ter a sorte de visitar algúns destes exemplos do traballo tradicional galego, hai  zocas ou  madreñas, forxas de ferreiros, pasteleiros, madeireiros, teares... e como non, oleiros, coñecidos como  cacharreiros ou  cazoleiros, que outrora tiñan os seus fornos estendidos por toda a cidade, especialmente en catro ou cinco dos seus barrios.

virgensaavedra
0.1675021648407