Reparto de libros nos centros de ensino de Burela
AMariñaXa
Repartiron nos centros educativos da localidade exemplares do libro Cen historias máxicas pola Mariña encantada.
12 Apr 2021
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañado polo concelleiro de Cultura, José Díaz, repartiron hoxe nos centros educativos da localidade exemplares do libro Cen historias máxicas pola Mariña encantada.
O volume, publicado pola Deputación de Lugo, é obra de Antonio Reigosa e conta con ilustracións de Neira Brochs.
Neses actos de entrega tanto o rexedor como o edil de Cultura fixeron unha pequena presentación do libro entre o alumnado dos centros de ensino de Burela.