Repartidos cinceiros ecolóxicos de plástico reciclables nas praias de Burela

AMariñaXa
Repartidos cinceiros ecolóxicos de plástico reciclables nas praias de A Marosa e O Portelo. de Burela. o obxectivo é manter as praias limpas
cinceiros ecoloxicos burela
25 Aug 2021

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, e as monitoras do Centro Gaia repartiron cinceiros ecolóxicos de plástico reciclables nas praias de A  Marosa e O Portelo. 

A edil Toñi Eijo subliñou que “o obxectivo é manter as praias limpas e protexer o medio ambiente. Os cinceiros teñen forma cónica e pódense cravar na area. Inclúen unha tapa na parte superior, para que non caian as cabichas e se poidan apagar os cigarros. Están feitos de material de plástico resistente e reciclable”.  

A concelleira de Medio Ambiente engadiu que “as cabichas son residuos que se atopan con moita asiduidade nas praias e tardan décadas en desaparecer. Unha soa cabicha pode contaminar entre oito e dez litros de auga salgada e ata cincuenta litros de auga doce. Con esta medida, que se ven repetindo nos últimos anos, pretendemos diminuír a presenza de cabichas nos areais de Burela”.

As persoas interesadas en facerse con estes cinceiros poden pedilos nos postos de socorrismo das praias de O Portelo e A Marosa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17646908760071