Repartidas as primeiras unidades do Mondopoli
AMariñaXa
O Mondopoli, o novo xogo de mesa centrado en Mondoñedo pero coas normas do Monopoli, xa repartiu as primeiras unidades en circulación.
4 Abr 2021
O Mondopoli, o novo xogo de mesa centrado en Mondoñedo pero coas normas do Monopoli, xa repartiu as primeiras unidades en circulación. De feito, comezou a entregarse na Casa da Xuventude local ás persoas que o solicitaran.
A asociación xuvenil Xoldra e a asociación cultural O Pasatempo de Mondoñedo foron os responsables da súa elaboración elaborárono e está adaptado ás principais localizacións, eventos e personaxes da cidade.
O seu obxectivo é poñer en valor as referencias artísticas, xeográficas e festivas da cidade. Tamén colaboraron nesta iniciativa os comercios da localidade, facendo os taboleiros e pezas. Ten fichas e billetes propios e é un proxecto sen ánimo de lucro.