Repartidas as áreas do novo equipo de Goberno de Ribadeo

AMariñaXa
Repartidas as áreas do novo equipo de Goberno de Ribadeo. Daranse a coñecer no Pleno de organización no Concello.
daniel vega Ribadeo PP
22 Xuño 2023

O alcalde, Dani Vega, ven de dar a coñecer o reparto das áreas do seu equipo de goberno. Esta tarde ás 20.30 horas hai pleno de organización no Concello.

O rexedor explicou que “convocamos o pleno extraordinario, o pleno de organización, onde aprobaremos o calendario de sesións que celebraremos ao longo do ano, as xuntas de goberno local, as retribucións económicas do equipo de goberno… en definitiva organizaremos o que será o vindeiro mandato”.

O reparto das áreas do novo equipo de goberno queda da seguinte maneira, segundo confirmou o alcalde esta mañá: “Begoña Sanjurjo será a concelleira de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade. Marta Saiz levará Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Montse Seijo será a concelleira de Recursos Humanos, Seguridade e Atención Cidadá. Diego Dos Santos será o responsable de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestruturas, Elena Sierra será a concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia e Francisco Silvent levará Deportes e Mocidade”.

Dani Vega subliñou que “somos un goberno que o que pretende con total vocación é escoitar, gobernar para todos, entre todos e tamén contar coa Corporación Municipal, que é algo fundamental para chegar a acordos”.

Para o alcalde ribadense “este será un mandato con moita vocación de servizo, con moita ilusión, con moitas ganas para que Ribadeo avance e medre e creo que entre todos ímolo facer”.

0.19566106796265