Renovarán a cuberta da pista de pádel de Alfoz

AMariñaXa
O Concello tamén se encargará de construír os baños no campo de fútbol
Pista-de-Pádel-municipal-Alfoz
2 Ago 2024

O Concello de Alfoz comezará as obras para renovar a cuberta da pista de pádel municipal. Deste xeito, pretenden mellorar as instalacións para esta práctica deportiva que continúa a sumar cada vez un maior número de  afeccionados. Por este motivo, a pista de pádel municipal permanecerá pechada dende o 5 de agosto debido ás obras de instalación da cuberta. Esta mellora permitirá que a veciñanza poida gozar das instalacións deportivas durante todo o ano, independentemente das condición meteorolóxicas.

O peche temporal das instalacións responde ao compromiso do Concello coa mellora continua das infraestruturas deportivas, buscando ofrecer un servizo de maior calidade aos usuarios. Esta obra será precursora da construción dos baños adaptados no campo de fútbol que darán servizo tanto ao campo, como á área de caravanas e ás festas organizadas no entorno.

O Concello de Alfoz agradece a comprensión e colaboración de todos os usuarios durante o período de execución das obras. Con estas intervencións, o goberno municipal reafirma a súa aposta polo deporte e pola creación de espazos axeitados para a práctica deportiva, coa intención de fomentar hábitos de vida saudables entre a poboación.

 

 

0.19217300415039