Renovan a sinalización en Vilamartín Pequeno, Gondán, Benquerencia e Viladaíde
O Concello de Barreiros está a proceder na renovación e reposición de sinalización que desaparecera ou se atopaba en mal estado. Tras realizar un estudo e inventario da sinalización municipal, detectáronse varios puntos nos que se recuperou a sinalización existente hai anos, contribuíndo ao mantemento dos núcleos de poboación e ao seu coñecemento.
Nesta actuación, que terá continuidade nos vindeiros meses, colocouse sinalización en Vilamartín Pequeno, Gondán, Benquerencia e Viladaíde. Igualmente, foron cambiadas ou reparadas sinais, tanto de sinalización como de tráfico, que sufriran desperfectos. O Concello tamén está a realizar traballos de revisión e unha proposta de sinalización en vías como a das praias, co fin de contar cun documento e conseguir financiamento para poder realizar os investimentos necesarios.