Renovan a sala de exposicións da Casa da Cultura de San Cibrao

AMariñaXa
A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro, David Rodríguez, supervisaron o resultado da actuación que supuxo un investimento total de 48.317,42 euros
renovación-sala-exposicións-casa-cultura-san-cibrao
2 Ago 2024

O Concello de Cervo vén de executar unha obra de renovación integral da sala de exposicións situada no primeiro andar da Casa da Cultura, en San Cibrao. A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro, David Rodríguez, supervisaron o resultado da actuación que supuxo un investimento total de 48.317,42 euros, financiado ao 70 % pola Xunta de Galicia, e que inclúe tamén melloras na biblioteca.

En concreto, tal e como explicou a alcaldesa, “aumentouse o espazo expositivo, instalouse un equipo de son ambiental, renovouse a instalación eléctrica e de iluminación –conseguindo un aforro enerxético do 50 %- e actuouse en todo o piso e tabiques”. Conseguiron crear unha sala completamente nova, idónea para acoller todo tipo de mostras e exposicións.

“Tendo en conta ademais a aposta que facemos sempre desde o Concello por albergar diferentes iniciativas culturais que tamén dinamizan as nosas vilas e axudan a darlle visibilidade ao talento de moita xente; moitos deles e delas, veciños e veciñas nosos”. Agardan seguir enchendo de vida esta sala que loce agora unha imaxe completamente renovada e que gañou superficie expositiva.

0.093048810958862