Renovado o punto de captación de auga para o abastecemento de Barreiros

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora do punto de captación de auga do río Masma para o seu posterior tratamento na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Rexa, no concello de Barreiros.
81210285_1526259624206460_3273993891170222080_o
16 Out 2020

A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora do punto de captación de auga do río Masma para o seu posterior tratamento na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Rexa, no concello de Barreiros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou a zona acompañado por persoal técnico de Augas de Galicia e pola alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, entre outras persoas; e explicou que a Administración autonómica investiu 48.400 euros nesta actuación, co fin de contribuír á mellora do sistema de abastecemento do municipio.

A actuación supuxo a retirada da estrutura existente deteriorada pola acción da auga do río e polo paso do tempo, e a a execución dunha nova instalación no mesmo punto que a anterior. As obras prolongáronse durante algo máis dunha semana.

Arias lembrou que o organismo hidráulico da Xunta continúa achegando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

0.17928791046143