Remourelle prepárase para a XII Ruta Cabalar o 3 de maio

AMariñaXa
Ademais da ruta, os asistentes poderán gozar dunha xornada chea de actividades, como pinchos, unha gran comida, sorteos, música e animación
XI-Ruta-cabalar-de-Remourelle-2023
11 Feb 2025

O vindeiro sábado 3 de maio, a parroquia de Remourelle acollerá a XII Ruta Cabalar, unha cita ineludible para os amantes do mundo ecuestre e da festa. O evento comezará ás 10.00 horas cunha espectacular ruta a cabalo que percorrerá fermosos paraxes da contorna.

Ademais da ruta, os asistentes poderán gozar dunha xornada chea de actividades, como pinchos, unha gran comida, sorteos, música e animación. Para os máis pequenos haberá colchonetas e futbolín, garantindo diversión para toda a familia.

A organización continúa pechando detalles e informará proximamente sobre o programa definitivo. Mentres tanto, animan a todos os interesados a reservar a data e confirmar a súa asistencia nos teléfonos de contacto: Ana (659 629 457), Nuria (676 770 918) e Antía (636 864 132).

0.1740460395813