Rematou o obradoiro Terras do Sor VI promovido por Ourol, O Vicedo e Muras

TerraChaXa | AMariñaXa
Os 20 alumnos traballadores que se formaron no obradoiro de emprego Terras do Sor IV recibiron onte os seus diplomas.
2023 obradoiro terras do sor Vicedo clausura
20 sep 2023

O obradoiro de emprego Terras do Sor VI, que durante o último ano ofreceu formación a 20 traballadores desempregados nos concellos de Muras, O Vicedo e Ourol, chegou ao seu fin.

Así, grazas a un investimento de 529.500 euros da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, fíxose un emotivo acto no acto participaron a xefa territorial da Consellería en Lugo, Pilar Fernández, e o alcalde  do Vicedo, Jesús Novo, entre outros.

O obradoiro contou co sete inscritos na modalidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións, que traballaron nunha  residencia de maiores de Viveiro. Os outros 13 aprenderon Traballos de carpintaría e moble e realizaron abundante mobiliario urbano -como marquesiñas e papeleiras- e outros elementos para edificios e espazos públicos, como mesas, taboleiros, bancos ou cadeiras.

Ademais, en Ourol construíron  100 metros de valado para o paseo da Rega; no Vicedo   unha escaleira para o acceso ao centro social de Vilar en San Román e unha caseta; e en Muras fabricaron unha porta corredoira para o edificio da aula da natureza da praza de Vilalba ou 20 contraventás para a Casas do Médico, e aplicaron tratamento contra xilófagos e fungos no primeiro andar da antiga Escola da Balsa.

Os obradoiros de emprego son unha vía de reciclaxe profesional completa cara a profesións con boas perspectivas de empregabilidade, adquirindo coñecementos teóricos e habilidades prácticas que capacitan aos participantes para o ingreso inmediato no mercado laboral.

Neste sentido, os obradoiros duais contemplan incentivos á contratación en empresas locais para facilitar esa transición, dos que neste caso poderán beneficiarse 17 alumnos e alumnas.

0.19507884979248