Rematas as melloras na sala multideportiva de Xove
O Concello de Xove vén de rematar as obras de mellora na sala multideportiva anexa ao ximnasio. Estas tarefas consistiron na climatización e aireación da mesma cunha dobre instalación de aire climatizado por un lado e filtrado por outro.
Dende marzo de 2020, debido á covid, a sala estivo prácticamente sen utilizar e para solucionar este problema, dende o Concello pensouse que o mellor era climatizala.
A instalación realizada ten unha capacidade de aportación de aire de 800 metros cúbicos hora, pensado para unha ocupación de 25 persoas facendo deporte ao mesmo tempo.
O orzamento total foi de 10.258,80 euros, financiados integramente polo Concello.
Nesta sala multideportiva realizanse ao longo de todo o ano adestramentos dalgúns deportes como fitness, aerobic, ximnasia de mantemento ou karate.