Remataron as visitas da Apalpadora programadas pola Deputación de Lugo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro achegáronse á Casa das Asociacións María Mariño de Lugo, que acolleu unha das visitas da Apalpadora programadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo este Nadal.
31 Dec 2023

A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro achegáronse á Casa das Asociacións María Mariño de Lugo, que acolleu unha das visitas da Apalpadora programadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo este Nadal.

Un contacontos musicado no que 'a filla do Apalpador' fala ás crianzas deste personaxe tradicional do Nadal galego e da súa historia.

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, protagonizan este espectáculo, que estivo a xirar por todas as comarcas con 25 funcións programadas en colaboración con asociacións e centros educativos, e que pretende afianzar a presenza de tradicións propias na representación do Nadal.

Iria Castro e Maite Ferreiro valoraron a colaboración dea Asociación de Rioplstenses en Lugo, que colaborou na organización deste espectáculo “que mestura a música e a narración oral, co que ademais de popularizar un personaxe do Nadal galego como é o Apalpador, se pon en valor o Courel e o patrimonio natural que rodea a súa figura, trasladando aos nenos e nenas a importancia de coidar do territorio”.

As nenas e nenos de Castro de Rei e de Pino, en Cospeito tamén desfrutarán hoxe deste espectáculo que nas tres últimas semanas chegou tamén a localidades do Vicedo, Viveiro, Pol, Foz, Guitiriz, Vilalba, Samos, Monterroso, O Saviñao, Mondoñedo, Cervantes, Láncara, Castroverde, A Pontenova ou Ríotorto.

0.13244080543518