Remataron as obras de acondicionamento da rúa Casa do Pobo

AMariñaXa
Remataron as obras de acondicionamento da rúa Casa do Pobo, que supuxeron un investimento de máis de 100.000 euros.
ribadeo obras rua Casa do Pobo
27 Xuño 2023

Remataron as obras de acondicionamento da rúa Casa do Pobo, que supuxeron un investimento de máis de 100.000 euros. O alcalde, Dani Vega, subliñou que “seguiremos investindo na nosa rede de infraestruturas de todo o concello”.

O rexedor considera que “se fixeron ben as cousas, que houbo unha coordinación perfecta e unha inversión de máis de 100.000 euros. Desbrozouse e limpouse todo o terreo, eliminouse o aglomerado vello, construíronse novos muros de contención de formigón, procedeuse á demolición de todas as soleiras que daban entrada a vivendas e garaxes, dotouse a rúa de nova tubaxe para a auga, colocouse un novo colector do saneamento e tamén nova iluminación led”.

Vega aposta por seguir investindo en toda a rede de infraestruturas de Ribadeo: “mellorouse todo a zona e creo que os veciños e as veciñas están contentos co resultado. Penso que esta inversión é importante e nesta liña imos seguir, mellorando as contornas dos barrios, mellorando todas as nosas rúas e tamén seguiremos investindo na nosa rede de infraestruturas de todo o Concello”.

0.14647507667542